Unha charla sobre a Literatura Medieval e o Pergamiño Vindel impartida polo investigador Antonio Fernández Guiadanes.
Falounos dos diferentes Cancioneiros onde se conservan as cantigas, incluso trouxo algúns para que os viramos "en persoa". Tamén analizamos diferentes cantigas de amigo, de amor e de escarnio. Ademais, analizou as cantigas de Martín Codax que aparecen no Pergamiño Vindel e explicounos a súa secuencia narrativa.
Moitas grazas, pola túa charla, Antonio!
O alumnado de 1º de Primaria puido desfrutar dun contacontos ofrecido por dúas mestras do CRA María Zambrano, Laura e Elena.
Como lles gustou!
E xa están expostos os logos e nomes dos participantes do concurso de radio. Só queda esperar a que se reúna o Equipo de Biblioteca e Radio para deliberar sobre a proposta gañadora de cada categoría.
Feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.