Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal. Pero esta padronesa non só forma parte da historia polo seu legado literario senón tamén polo seu papel reivindicativo do uso do galego e dos dereitos da muller nunha época moi complicada.
No centro quixemos conmemorar o seu día e para iso, previamente, preguntámoslle tanto ao profesorado coma ao alumnado o que sabían sobre a escritora. Despois elaborouse un vídeo coas respostas facendo un repaso pola súa vida e obra.
Vídeo realizado polo Equipo de Normalización
Os nenos e nenas de 5ºA de Primaria tamén investigaron sobre Rosalía e a información obtida recompilárona en cada unha das seis caras dunha figura. Desta maneira todos os que queiran poden collela e manipulala.
Participamos no concurso Rosalía de Castro elaborado polo Concello de O Rosal, no que os alumnos e alumnas debían elexir un poema en galego da escritora e decorar a súa imaxe.
"Tecín soia a miña tea
tecín soia o meu nabal;
soia vou por leña ó monte
soia a vexo arder no mar"
Follas Novas, Rosalía de Castro
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.