venres, 23 de febreiro de 2018

Un venres na Quinta, é un venres aproveitado

Celia, alumna de Secundaria, impartiu a terceira sesión do obradoiro de manga. Hoxe visualizaron unha serie xaponesa de animación, anime, fixándose nas expresións e movementos para logo poder plasmalos no papel.

Os gañadores e gañadoras do concurso de investigación de mulleres científicas estiveron montando a figura da impresora 3D que recibiron como premio.



E atento o alumnado de Primaria porque o vindeiro xoves , 1 de marzo, poderedes desfrutar dunha sesión de cine de animación. No momento de entregar a autorización, recibiredes a entrada. Bule, que se acaban;)


E por último, deixámosvos a  foto de familia do voluntariado co seu distintivo.

                
"Encántanos visitar
a biblioteca escolar,
hai libros a montóns
e maxia polos rincóns"
Carmen Gil

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.