luns, 23 de novembro de 2020

Bea "Sen máscaras"

 A profe Bea participou hoxe no Proxecto "Sen máscaras" da Voz da Mata.


 Mario e Carla fixéronlle unha entrevista moi persoal na nosa Radio.


Bea contounos que está encantada de estar neste cole aínda que é de Negreira e está separada, pola semana, da súa familia. O feito máis importante na súa vida foi ser nai e é unha gran lectora.

Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

No vídeo tedes un adianto! 

 

Foi unha entrevista moi especial na que nos emocionamos porque saíron sentimentos do noso interior.

Grazas a Mario e a Carla por demostrar que son empáticos, boas persoas e todos uns profesionais da Radio.

Grazas Bea por compartir os teus sentimentos con nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.