Hoxe estivo a profe Chus na Voz da Mata acompañada por Marcos e Andrea de 6º B. Fixéronlle unha entrevista marabillosa na que descubrimos cousas novas de Chus!
Traballou nun proxecto con toxicómanos-as, a súa irmá Loli traballa o coiro e fai unhas cousas preciosas, gústalle a música dos anos 80 e non descarta traballar dentro dun tempo nunha ONG.
Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
No seguinte vídeo tedes un adianto!
Grazas a Andrea e Marcos por ser tan bos reporteiros!
Grazas Chus por ser tan xenerosa sempre e colaborar nas actividades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.