Hoxe tivemos na Voz da Mata a Txema Olleta, responsable en Euskadi de AHIGE (Asociación de Hombres por la Igualdad de Género).
O traballo desta asociación céntrase en participar na loita por unha sociedade máis igualitaria, a través do traballo con homes facéndolles entender que teñen que ser parte activa nesa loita.
Txema está a facer unha serie de obradoiros sobre "novas masculinidades", no marco do Proxecto Claqueta Violeta en colaboración co Concello do Rosal, VIA e Talentea.
Participa nesta actividade todo o alumnado da ESO.
Falounos de moitas cousas importantísimas sobre estes temas.
Neste vídeo podedes ver un adianto da entrevista.
Se queredes escoitala completa visistade a anosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
Grazas Txema por unha marabillosa entrevista!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.