Hoxe tivemos a Merce na Voz da Mata participando no Proxecto "Sen máscaras".
Foi entrevistada por Vega e Fernán, de 2º ESO, e contounos moitas cousas.
É de Betanzos e ten unha familia moi aberta que o celebra todo. Ela pensa que o máis rechamante da súa personalidade é que é un "pouco toxo" e ten algúns soños moi interesantes por cumprir.
Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
No seguinte vídeo tedes un adianto da mesma.
Grazas Merce, por contarnos tantas cousas interesantes!
Grazas a Vega e Fernán por unha fantástica entrevista!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.