mércores, 13 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". Gloria!

 Hoxe tivemos con nós, na Voz da Mata, a Gloria!

 Elda e Aitor, de 5º B, foron os encargados de facerlle unha estupenda entrevista!

 Gloria xa leva moitos anos na Mata, pero non sabiamos tantas cousas dela!

Na entrevista fálanos da súa familia, especialmente das súas fillas Laura e Andrea, do seu netiño Mario e do importante que é o seu home para ela.

 Encántalle viaxar! E ten pendente algunha viaxe!

 Gústalle moito "Ghost", unha peli dos anos 90!

Se queredes saber máis cousas sobre Gloria, premede AQUÍ e escoitade a entrevista completa.

No seguinte vídeo tedes un adianto do que foi a entrevista con Gloria.

Grazas a Elda e Aitor, dous dos seus ex-alumnos, por facer unha entrevista tan marabillosa!

 E grazas a Gloria por abrir o seu corazón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.