mércores, 13 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". María!

 Hoxe tivemos na Voz da Mata a María, a nosa profe de Música de EP!

É nova no centro e con ela abrimos o noso Proxecto "Sen máscaras" deste curso!

 Aroa e Iria, de 5º B, foron as encargadas da entrevista!

 María contounos moitas cousas sobre ela! 

É de Silleda, toca nunha banda e goza coa lectura!

A súa peli favorita é Moulin Rouge, un fabuloso musical do ano 2001!

Gustarialle vivir preto do mar e coñecer Nova Iorque!

 Se queres saber máis cousas dela, preme AQUÍ e escoitarás a súa fantástica entrevista!

No seguinte vídeo tedes un adianto!


Grazas a María por ser tan xenerosa con nós!

Grazas a Aroa e Iria! Sodes unhas reporteiras marabillosas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.