domingo, 26 de xaneiro de 2014

Coñeces a Wangari Maathai?

Wangari Maathai é a muller de Kenia que iniciou o Movemento do Cinturón verde. Chegou a plantar máis de 30 millóns de árbores en todo o país para loitar contra a deforestación. Foi coñecida coma a "Muller árbore". 



No ano 2004 concedéronlle o Premio Nobel da Paz pola súa contribución á paz mundial. No seu discurso dixo: 
"Debemos axudar á Terra a curarse das súas feridas e, durante o proceso, curar tamén as nosas, para recibir cos brazos abertos toda a creación con toda a súa diversidade, beleza e marabillas".



Por iso nós queremos facerlle a nosa pequena homenaxe este ano que estamos a traballar o noso proxecto "E agromará outro bosque". Que a loita de Wangari nos contaxie para defender o noso  monte.

5 comentarios:

  1. EVA 3º A EP27 xaneiro, 2014

    Paréceme moi ben que se coiden as árbores porque precisamos deles para vivir.

    ResponderEliminar
  2. A ver se este ano aprendemos todos a valorar mellorar as árbores e a natureza que temos arredor.

    ResponderEliminar
  3. Clase de 6ºC28 xaneiro, 2014

    Dende 6ºc opinamos que fixo unha labor moi boa. E nos montes que arderon nós tamén podemos axudar a plantar árbores.

    ResponderEliminar
  4. andrea y gabriel de 2ºA30 xaneiro, 2014

    Hasta que caves un agujero, plantes un árbol, lo riegues y lo hagas sobrevivir, no has hecho nada. Sólo estás hablando.

    ResponderEliminar
  5. Martin Marisa30 xaneiro, 2014

    La mujer lleva dentro de su Corazón las Fuerzas de la Naturaleza

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.