venres, 24 de maio de 2019

Fin de tempada

Xa vaise achegando o final deste curso e imos pechando pouco a pouco as nosas portas. 
Esta semana, despedimos as emisións deportivas da "Voz da Mata". 
Cada semana, durante todo o curso, Mauro, Nico, Manolo e Adán, fixeron un programa, coa crónica deportiva máis destacada.
Moitas grazas chicos polo voso traballo e esforzo na Voz da Mata. 
Podedes escoitar os seus programas dende este enlace!
Para o vindeiro curso máis!

 

xoves, 23 de maio de 2019

Última sesión de cine

Hoxe tivemos a última proxección do ano, para o alumnado de primaria: Paddington 2!

Máis de 40 alumn@s gozaron da pelicula e pasaron unha tarde moi dicertida cos seus compañeir@s!
Ata o vindeiro curso!

 

martes, 21 de maio de 2019

CMAL

Hoxe, @s nos@s doutor@s, tiveron a consulta chea de pacientes!
Houbo un virus no colexio e necesitaban receitas rapidamente.
Como podedes ver no vídeo, pasárono moi mal, porque tiñan moita dor.
Como non hai nada que non se cure cunha boa lectura, tod@s quedaron recuperados despois do seu paso polo CMAL! Que pecha as súas portas ata o vindeiro curso, onde volveremos con máis receitas!
GRAZAS!


Formación do CEFORE

O mércores, 15 de maio, A Quinta dos libros, visitou o CPI Alfonso VII de Caldas de Reis, para compartir con eles a nosa experiencia na Bilbioteca e na Radio. 
Esta actividades forma partes das sesións de formación do CEFORE de Pontevedra. 

Foi unha boa experiencia.



luns, 20 de maio de 2019

Entrega de premios

A semana pasada foi a entrega de premios do concurso de adiviñar escenas de películas.
Parabéns aos premiados!



Últimas consultas!

Mañá, 21 de maio, a consulta do CMAL pecha as súas portas por este curso escolar. 
Xa sabes, se te atopas mal...pasa pola biblio!

NON FALTEDES!

domingo, 19 de maio de 2019

Radio Galega

O día 17 de maio, o día das Letras Galegas, emitiuse en directo, no programa da Radio Galega "A tarde", un especial no que se escoitou o noso podcast gañador e unha entrevista á coordinadora da radio, Loli. 
Podedes escoitar o programa dende este enlace.