Amosando publicacións coa etiqueta Semana da Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana da Muller. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de marzo de 2021

Máscaras nas fachadas da Deputación en Vigo!

 E como remate da nosa Semana da Muller queremos que coñezades un proxecto no que participou a nosa profe Elena. Un grupo de mulleres artistas interveñen con 3000 máscaras as fachadas da Deputación en Vigo para reivindicar, neste 8M, a corresponsabilidade nos coidados.

Se queredes saber máis premede AQUÍ

Grazas Elena por compartilo con nós!






 Parabéns Elena!

Club de Lectura Adultos! Senlleiras

 O noso Club dos Martes estivo traballando o libro de Antía Yáñez, Senlleiras.


Nesta Semana da Muller, escoitar as súas reflexións sobre esta historia tan de actualidade, é un bo xeito de festexar o 8M.

Se queredes escoitar o programa que fixeron na Voz da Mata, premede AQUÍ ou visitade a nosa canle de IVOOX, tamén está na Aula Virtual do CPI.

Seguiremos na loita!