Amosando publicacións coa etiqueta A Voz da Mata. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Voz da Mata. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de maio de 2022

Día das Letras 2022!

 E para pechar a semana de actividades das Letras, presentamos tres podcasts moi especiais!

O primeiro deles é un poema de  Delgado Gurriarán que se titula "Quince anos"!



Mostramos o poema en diversos idiomas, pondo en valor a nosa lingua nai e a do noso alumnado que non naceu en Galicia. O poema está lido en galego, catalán, árabe, brasileiro e inglés. Unha beleza.

Se queredes escoitalo premede AQUÍ 

O segundo é unha obra marabillosa feita entre o alumnado do centro, o profesorado e persoal non docente. Trátase do poema "Dez cousas de Valdeorras" con música de produción propia. Unha fermosura.




Se queredes escoitalo premede AQUÍ.

E por útimo, "A Gaceta das Letras", un programa realizado polo alumnado de 5º B EP que pretende ser unha homenaxe ao autor deste ano.

 


Se queredes escoitalo premede AQUÍ.

Todo un luxo de podcasts para festexar este día tan especial dende A Voz da Mata!

Bo Día das Letras Galegas! 

mércores, 4 de maio de 2022

Entrevista a Ángela Portela!

 Hoxe tivemos na Voz da Mata a Ángela Portela, unha alumna do noso CPI de 4º ESO!

 Estivo con Yasmine e Hugo, de 6º EP, para falar da súa carreira no mundo do balonmán.


Na actualidade forma parte da Selección Galega e é unha grande promesa do mundo do balonmán.


Foi un pracer que estivera hoxe con nós.

Se queredes escoitar a entrevista premede AQUÍ.


 Parabéns Ángela polos teus éxitos deportivos dos que estamos moi orgullosos-as no teu cole!

Aquí tedes un adianto da entrevista!


E grazas a Yasmine e Hugo por facer esta magnífica entrevista!

xoves, 28 de abril de 2022

Amelia Tinagus!

 Hoxe tivemos o pracer de recibir no CPI a Amelia Tiganus, unha muller extraordinaria que nos falou da prostitución, da violencia contra as mulleres, das violacións, da pornografía...Temas nos que ela é experta. 

Feminista, escritora, formadora, divulgadora e defensora do abolicionismo da prostitución e da pornografía, compartiu a xornada de hoxe co alumnado de 3º ESO.

Unha gran experiencia para todas e todos!

Tamén visitou a Voz da Mata. Se queredes escoitar a entrevista que lle fixeron Vega e Danae, premede AQUÍ.


Foi un pracer contar con ela na nosa Quinta!

Tamén coñeceu o noso grupo VÍA!

Grazas a Yolanda do CIM e Sandra (Educadora Familiar do Concello do Rosal) por facelo posible!

mércores, 27 de abril de 2022

Decálogo lector!

 O alumnado de 5º A e B EP festexou o Día do Libro dun xeito moi especial. Fixeron un decálogo lector!

Se queredes gozar del escoitade o programa que fixeron na Voz da Mata!

Premede AQUÍ.

Moi bo traballo! Parabéns!


mércores, 20 de abril de 2022

Podcasts Radio na Biblio!

 Preparando o noso podcasts de Primaria para o Concurso Radio na Biblio!

5º B en acción!




Pasámolo xenial e aprendimos moito!

xoves, 14 de abril de 2022

Formación Radio na Biblio!

 Segunda sesión de Formación Radio na Biblio a cargo de Pedro Iglesias!





 

Xa temos ao voluntariado de 2º ESO A preparados-as para facer ambientacións nos podcasts!

Parabéns!

mércores, 6 de abril de 2022

Gravación 3º B EP!

 Hoxe estiveron na Voz da Mata, alumnado de 3º B EP!

Que andarán a preparar, en nada saberémolo!

venres, 1 de abril de 2022

Visita de Benxamín Míguez!

 Hoxe, na Quinta, recibimos a visita de Benxamín Míguez que realizou un fantástico obradoiro de ilustración para o alumnado de 1º ESO!

Estivo xenial!






Tamén visitou a Voz da Mata! Ben e Daniel fixéronlle unha fantástica entrevista que podedes escoitar premendo AQUÍ.


 Aquí tedes un adianto da entrevista!

Unha xornada fantástica!

domingo, 27 de marzo de 2022

"Ocho apellidos vascos" Cineforum 1º A

 O alumnado de 1º ESO estivo traballando a lingua a través da película "Ocho apellidos vascos" no Cine na Quinta.

Se queredes escoitar o cineforum de 1º ESO A, na Voz da Mata, preme AQUÍ.

Moi bo traballo!

xoves, 24 de marzo de 2022

"Ocho apellidos vascos" Cineforum 1º B

O alumnado de 1º ESO estivo traballando a lingua a través da película "Ocho apellidos vascos" no Cine na Quinta.

Se queredes escoitar o cineforum de 1º B, na Voz da Mata, preme AQUÍ.


 Parabéns! Unha estupenda análise da película!

mércores, 23 de marzo de 2022

Formación alumnado Radio!

 Hoxe, o alumnado de 2º ESO A recibiu formación en radio da man de Pedro Iglesias, unha proposta de "Radio na Biblio".


Estamos a aprender a pór efectos sonoros nos nosos podcasts, crear ambientes...


Imos ter un gran equipo de técnicos e técnicas!






O 7 de abril haberá unha nova sesión!

Parabéns, moi bo traballo!

Chapas!

 As chapas do noso PDI!

Se queres ter unha só tes que participar nas actividades, de biblio e radio, relacionadas co noso proxecto musical!

xoves, 10 de marzo de 2022

Obradoiro de chapas!

 Alba, Goya, Dafne e Noa Alonso de 3º A ESO fixeron un obradoiro de chapas do que sairon novos froitos!

Fixeron chapas da Voz da Mata e, como novidade, chapas da Quinta!

Moitas grazas mozas!

venres, 4 de marzo de 2022

Visita Sabela Fernández Trelles!

 Hoxe tivemos o pracer de ter, na Quinta dos libros, a unha escritora marabillosa que se chama Sabela Fernández Trelles.


No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta xornada! 


Estivo facendo un obradoiro co alumnado de 1º e 2º EP no que, partindo do seu libro "Que queres ser de maior, pequena?" inventaron unha chea de palabras novas e coñeceron máis cousiñas deste fantástico libro da autora. Foi moi divertido!

Sabela tamén participou nunha entrevista na Voz da Mata. Xavi e Yanira, de 2º EP, foron os resporteiros. Se queredes escoitala premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un anaquiño do paso de Sabela pola nosa radio!

Moitas grazas a Sabela por unha xornada inesquecible e ao alumnado e profes de 1º e 2º pola súa participación e colaboración!
 

venres, 18 de febreiro de 2022

Rematamos a Semana da Radio!

 Rematamos!

 

Pechamos esta Semana da Radio con tres programas máis.

O primeiro fala da música galega da man de Valeria, Hugo e Gema. Seguimos traballando o noso PDI.


Se queredes escoitar este programa premede AQUÍ. 

Adentrámonos no mundo da gandaría, tan importante na nosa terra, da man de Telmo, Jésica, Yésica e Juan de 2º ESO C.

Se queredes escoitar o programa premede AQUÍ.

E, para rematar, un tema de moita actualidade: as redes sociais!

Nadia, Inés, Paula e Alba cóntanos os pros e os contras das mesmas.

Se queredes escoitar o programa premede AQUÍ.


Grazas a todos-a os participantes nesta fantástica Semana da Radio!

 

xoves, 17 de febreiro de 2022

O Club dos martes na Semana da Radio!

 O Club dos martes tivo hoxe unha sesión moi especial.

Comentamos o libro "Fóra de si" de Suso de Toro e presentamos unha aventura nova.


Aproveitando que estamos na Semana da Radio fixemos un libroforum na Voz da Mata, deste xeito tamén colaboramos coas actividades que se están a facer no noso centro dos "21 Días co galego".


Grazas a Rosaura, Pili, Loli e Elvira pola súa participación na gravación do podcasts e a Merce pola parte técnica. Grazas!

Semana da Radio, xoves!

 Seguimos festexando!


Hoxe mostramos tres programas estupendos da Voz da Mata!

Seguimos traballando o noso PDI, neste caso falamos da historia do Rock e de Elvis. Lydia, Paula, Borja e Victoria son os encargados-as deste programa.


Se queredes escoitar o programa premede AQUÍ.
Seguimos con dous programas realacionados con lugares de Galicia!

No programa "Lugares de Galicia I", da man de Leire, Lucía, Victor e Marcos, de 2º ESO C, falamos de sitios emblemáticos da nosa terra.


Se queredes escoitar o programa premede AQUÍ.

No programa "Lugares de Galicia II" seguimos descubrindo emprazamentos marabillosos galegos da man de Nico, David P, Sabela e Sheila de 2º ESO A.

Se queredes escoitar o programa premede AQUÍ.

Grazas a todos-as pola vosa participación nesta Semana da Radio!