Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de marzo de 2022

8 M na nosa Quinta!

 Hoxe tivemos un día moi especial!

Comezamos a mañá co visionado da montaxe que fixeron María (Música) e Sofía (EF) co seu alumnado de 6º EP.

  Partindo da canción "Lo que es nuestro" de Lucía Gil e Natalia Gil, utilizando a aula croma, traballaron a expresión corporal e o canto para expresar sentimentos e emocións!


Parabéns por este marabilloso traballo!

O alumnado e o profesorado do CPI traballaron cos sinais de tráfico que nos mandaron dende o Concello do Rosal.


 Ata os máis pequerrechiños-as do cole teñen claro que reivindicamos hoxe! Igualdade!

Paraugas, sinais...símbolos que berran "igualdade e respecto". 

 

Na foto temos ao alumnado de 4º B EP!


No vídeo vemos o marabilloso traballo colaborativo entre o alumnado de Relixión e Valores éticos de 4º e 5º EP.

E, para rematar, dende Biblioteca Creativa, tivemos a proposta de decorar uns paraugas brancos nas aulas para facer con todos eles o símbolo do feminismo no noso patio.

Aquí tedes o resultado!


 
A chuvia do 8M
 
 

Bo Día da Muller!
 

8M polos corredores da Quinta!

 Polos corredores da Quinta podedes atopar bibliografía e materiais moi interesantes!


 Grazas ao Concello do Rosal tamén temos uns sinais moi especiais. Pasa polo boulevar e verás que significan!

sábado, 5 de marzo de 2022

venres, 26 de marzo de 2021

Entrega de premios Concurso Club de lectura!

Hoxe fixemos a entrega de premios do Concurso do Club de Lectura!

 Parabéns! 

Grazas pola vosa creatividade!

domingo, 21 de marzo de 2021

Novo programa do Club de Cine de Adultos!

 O Club de Cine de Adultos estivo a traballar este mes o tema da muller.

Realizamos o visionado do videopoema de Marwan "Compañeras".

Se queredes velo aquí tedes o vídeo:

  Fixemos un programa na Voz da Mata coas reflexións dalgunhas das nosas compañeiras do Club.

Se queredes escoitalo premede AQUÍ 

Grazas a Elvira, Mónica, Rosaura e Bea polas súas interesantísimas achegas!

Grazas a Estela por facernos a suxestión!


domingo, 14 de marzo de 2021

Máscaras nas fachadas da Deputación en Vigo!

 E como remate da nosa Semana da Muller queremos que coñezades un proxecto no que participou a nosa profe Elena. Un grupo de mulleres artistas interveñen con 3000 máscaras as fachadas da Deputación en Vigo para reivindicar, neste 8M, a corresponsabilidade nos coidados.

Se queredes saber máis premede AQUÍ

Grazas Elena por compartilo con nós!






 Parabéns Elena!

Club de Lectura Adultos! Senlleiras

 O noso Club dos Martes estivo traballando o libro de Antía Yáñez, Senlleiras.


Nesta Semana da Muller, escoitar as súas reflexións sobre esta historia tan de actualidade, é un bo xeito de festexar o 8M.

Se queredes escoitar o programa que fixeron na Voz da Mata, premede AQUÍ ou visitade a nosa canle de IVOOX, tamén está na Aula Virtual do CPI.

Seguiremos na loita!

luns, 8 de marzo de 2021

Concurso Club de Lectura! 8M- 2021

 O Club de Lectura do noso alumnado da ESO organizou un concurso polo 8M: "Concurso de Ilustración e Slogans plurilingües"

 Aquí tedes os traballos máis representativos.

Proximamente anunciaremos o gañador-a!

#8M

8M

Por ti,

por min,

por TODAS


 

Durante toda a semana atoparedes libros relacionados coa muller na entrada do centro, visibilizando o seu papel na historia.

luns, 9 de marzo de 2020

8M na Voz da Mata!

Para conmemorar o Día da Muller, as profes da Voz da Mata fixeron un programa de radio sobre o 8M cun texto propio e música de Boikot ("Alma Guerrera, ni una menos")

VIVAS, LIBRES e IGUAIS!