Amosando publicacións coa etiqueta Dia da Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia da Biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de outubro de 2019

Obradoiro de ilustración con Xosé Tomás


Dentro da semana da biblioteca, o noso dire, ofreceu un obradoiro de ilustración no recreo, para os máis cativos do cole. 
Foi todo un éxito! 
Queredes saber que personaxes agochan un triángulo, un cadrado un círculo e unha pataca? Pois mirade o vídeo!
Moitas grazas Xosé Tomás!


xoves, 24 de outubro de 2019

Novas formas de facer dictados

As mestras, Cristina e Ana, coa aula de 6ºA, para celebrar o día da biblioteca, organizaron na biblioteca un dictado por relevos e mergullaronse nas diferentes palabras e regras ortográficas. 
Repetiremos esta actividade seguro!


martes, 22 de outubro de 2019

Contacontos 2º de Primaria

Na hora de ler, tres alumnos de 1ºESO, Nadia, Inés e Khaled, léronlles contos aos alumn@s de 2º de primaria.
A experiencia foi moi bonita!
Repetiremos seguro!
Moitas grazas aos lectores expertos que leron para os cativos do cole.


luns, 21 de outubro de 2019

Proxección curtametraxe

Como primeira actividade, nesta semana da biblioteca, proxectamos no recreo a curtametraxe titulada "Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore". 
É unha curtametraxe de animación americana, gañadora do Óscar á mellor curta en 2011. Está codirixido por William Joyce e Brandon Oldenburg
Está inspirada en Buster Keaton, O Mago de Oz e o Amor polos libros. Trátase dunha historia sobre xente que adica a súa vida á lectura e sobre os beneficios que se obteñen dela.
Tivemos moita afluencia de público durante a proxección. 
Por se non puideches pasarte pola biblio neste recreo, podedes pinchar neste enlace para velo.







Concurso de fotografía e texto

Dende a equipa de biblioteca, propúxose un concurso de Fotografía e Texto en relación co noso proxecto "Quinta do Minho", para conmemorar o día da biblioteca que se celebra o 24 de outubro.
As bases do concurso foron as seguintes: 

Neste concurso participou practicamente todo o alumnado do colexio, enchendo o cole de fotos e textos marabillosos! 

Parabéns para tod@s! Fixestes un traballo precioso!

O cole está fermosísimo!
Queredes velos? 
No seguinte vídeo tedes o resultado.



Semana da biblioteca

Para conmemorar o día da biblioteca, esta semana vén cargada de actividades!
Non perdas ningunha!

Ademáis o timbre musical está inspirado nos libros!



mércores, 24 de outubro de 2018

Día da biblioteca

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca elaboramos este vídeo onde recollemos algunhas das bibliotecas máis famosas do cine. O proxectaremos durante toda esta semana na tele da entrada do colexio.
Esperamos que vos guste!



luns, 22 de outubro de 2018

SEMANA DA BIBLIOTECA

Esta semana estamos de celebración, polo que preparamos un montón de actividades durante estas xornadas. Aquí tedes o cartel con todas elas. 
NON FALTES!!!

martes, 24 de outubro de 2017

Estamos de celebración!


Hoxe é o Día da Biblioteca! E non atopamos mellor maneira de homenaxear A quinta dos libros que abrindo as súas portas a toda a comunidade educativa.

Xosé Tomás, que foi o encargado de interpretar o lema Aprender a pensar coa biblioteca escolar e deseñar o cartel para todas as bibliotecas escolares de Galicia, ofreceunos unha charla- obradoiro.
Entre todos fomos analizando o cartel, vendo como os usuarios son abducidos ao entrar nunha biblioteca e como cada un deles elixe a situación que quere vivir e, polo tanto, desfruta nunha burbulla diferente. Dende unha burbulla na que reinventas contos , outra na que viaxas ou mesmo unha de creación robótica.
E sen darnos conta chegamos á mensaxe oculta do cartel: que na biblioteca pode e debe haber moitas burbullas diferentes. Xa que non só é un espazo para os libros, senón que tamén é o lugar propicio para a creación de situacións de aprendizaxe.

Por último, queremos mostrarvos un pequeno vídeo resumo da xornada. 



Larga vida ás bibliotecas escolares!

"O máis importante da biblioteca son as persoas"
Xosé Tomás

xoves, 19 de outubro de 2017

Programa Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Leva conmemorándose dende 1997, xa fai vinte anos. Xurdiu en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo, durante o conflito dos Balcáns, para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, a importancia dos libros para a memoria colectiva e como instrumento de mellora da formación e convivencia humana.

A quinta dos libros quere convidar á toda a comunidade educativa, nunhas xornadas de portas abertas, a participar das actividades que temos programadas:



Esperámosvos a tod@s!