Amosando publicacións coa etiqueta Contos dende casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos dende casa. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de abril de 2020

O dragón voador na Voz da Mata!

Suevia, Xoel e os seus pais dramatizaron, coa colaboración da profe Lucía, o conto O dragón Voador de Anxo Fariña, para a Voz da Mata.

Moitísimas grazas, familia!

Podedes escoitalo na nosa canle de IVOOX.
É unha boa proposta para estas vacacións que comezamos hoxe! 
Podedes escoitar máis contos, entrevistas, programas... nesa mesma canle.

FELICES VACACIÓNS!



No país do Vento! Charo Pita

No país do vento...Un agasallo de Charo Pita para que gocedes nestas vacacións!
Grazas Charo, por deixar que acheguemos estas marabillas ao noso alumnado!


xoves, 2 de abril de 2020

Recibimos unha mensaxe do escritor Roberto Aliaga!

O autor Roberto Aliaga felicita o noso alumnado pola interpretación do seu conto "A tartaruga que quería durmir".
Grazas Roberto por este xesto tan fermoso co noso alumnado e pola túa sensibilidade nestes días tan difíciles que estamos a vivir.
Grazas de parte da Comunidade Educativa do CPI.


luns, 30 de marzo de 2020

Conto para a hora de ler: "El dedo en la nariz"

Nova entrega de Contos con Lucía!
O conto de hoxe é "El dedo en la nariz", seguro que o pasades moi ben con esta nova historia para a vosa hora de ler.
Grazas Lucía!


venres, 27 de marzo de 2020

Hora de Ler!

A tartaruga que quería ler! Conto de hoxe para a Hora de ler!
Está interpretado por Aarón, Vera e Amanda coordinados pola profe Lucía.
Parabéns, moi bo traballo!
Moitas grazas!



mércores, 25 de marzo de 2020

Contacontos alumnado de 3º Primaria!

Diego e Saray de 3º EP, dende a súa casa, prepararon este conto para os nenos-as do CPI. 
Son usuarios activos da nosa biblioteca e gústalles moitísimo contar contos. 
Nesta ocasión o conto é: "Cómo consolar a una ardilla"
Moitísimas grazas a vós e á vosa familia!
É un traballo estupendo! Parabéns!