Amosando publicacións coa etiqueta San Valentín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Valentín. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de febreiro de 2022

San Valentín e o PDI!

 Para festexar o San Valentín, este ano, decidimos facelo con música!

O profesorado da Mata queremos felicitar ao noso alumnado e a toda a Comunidade Educativa no Día do amor, para que saibades o moito que vos queremos!

Para vós, con todo o noso cariño, un bolero de Alfredo Gil que fixeron famoso "Los Panchos", "Si tú me dices ven".

O alumnado de 3º A ESO tamén quere agasallar aos seus compañeiros-as. Interpretan "Save you tears" (The weedend)

Contamos con Iker como técnico de imaxe e son!

O alumnado de 3º B ESO, non vai ser menos e tamén quere agasallar aos seus compañeiros-as. Interpretan "Follow you" (Imagine Dragons)


Contamos con Sabela Adrover como técnica de imaxe e son!
Parabéns aos participantes neste fermoso agasallo. 
Nótase que na Mata temos moito amor!



 

 

Dillo cunha canción!

 O alumnado de música da ESO festexou San Valentín cunha escolla e unha exposicións de canción con mensaxes de amor!

Dillo cunha canción!

Traballamos o nos PDI!

Semana da Radio, luns!

Temos unha programación especial, na Voz da Mata, por este día tan popular.


 Hoxe festexamos o Día de San Valentín ou, coma nós preferimos chamarlle, o Día do Amor.


Temos dous programas moi especiais. 

O primeiro deles é do alumnado de EP que, coordinados pola nosa orientadora, fixeron unhas mensaxes de amor para as súas familias, amigos, mascotas, profes...Un programa marabilloso!

 

Se queredes escoitalo premede AQUÍ.

O segundo é o resultado do Concurso de mensaxes de amor que fixemos na ESO. É un programa coas mensaxes seleccionadas e gañadoras nesta edición.

Aquí tedes unha representación dos gañadores-as!


Se queredes escoitar as marabillosas mensaxes gañadoras premede AQUÍ.

Feliz Semana da Radio e Feliz Día do Amor!

sábado, 12 de febreiro de 2022

Recursos para traballar o amor!

Traballamos o amor!


Nos corredores tedes moitos libros e pelis sobre este tema que poderedes coller ao longo da semana!

xoves, 3 de febreiro de 2022

Mensaxes de amor!

Queres participar no concurso de mensaxes de amor da Voz da Mata?

Para facelo tes que ser alumno-a da ESO do CPI e deixar unha mensaxe nos comentarios desta mesma entrada no noso Instagram ou aquí no blog.

Poderá facerse dende hoxe ata o vindeiro domingo ás 20:00 horas.

Fuximos do amor tóxico romántico e buscamos mensaxes de amor de verdade, do bo! Poden ser de amor a amigos-as, familia, mascotas...

Non esquezas pór o teu nome e curso.

Gravaremos un programa especial coas mensaxes elixidas.

Xa sabedes que podedes entregalas en man a Lola, antes do luns ás 12:00 horas, se non queredes facelo a través das redes sociais.

 

Participa! Haberá agasallos!

domingo, 14 de febreiro de 2021

Feliz Día de San Valentín!

 Aproveitando que esta semana festexamos o Día Mundial da Radio, dende a Voz da Mata organizamos un Concurso de mensaxes de amor!

Houbo moita participación e foi moi difícil escoller as mensaxes gañadoras.

Mensaxes de amizade, de amor na familia, nos compañeiros-as, amor propio...Temos unha grande variedade!

E tamén amor en varios idiomas: galego, castelán, inglés e francés.

Estes son os nosos talentosos-as escritores-as:


Grazas por participar e parabéns por ofrecernos unhas mensaxes de amor tan marabillosas e cheas de sentimento!

Se queredes escoitar o Programa Especial San Valentín premede AQUÍ ou visitade a nosa canle de IVOOX.

Tamén podedes escoitar o programa na aula virtual.

Grazas a todo o profesorado que colaborou coa Voz da Mata para facer esta actividade!

Grazas ao alumnado por participar!

Feliz Día de San Valentín!

xoves, 11 de febreiro de 2021

Quero... ler

 


Para celebrar San Valentín e gozar destes días de entroido nos que temos que quedar na casa, que mellor que un bo libro ou película...

Non perdades a selección especial San Valentín que atoparedes na entrada do centro.

 



Feliz San Valentín e feliz lectura!!!

venres, 14 de febreiro de 2020

San Valentín!

Hoxe festexamos San Valentín na Biblio e na Voz da Mata!
Emitimos na entrada do centro, un programa con textos de amor e degustamos unhas lambetadas de corazón! 


Grazas por participar!



xoves, 13 de febreiro de 2020

Pechamos a Semana da Radio celebrando San Valentín!

Mañá pechamos a Semana da Radio celebrando San Valentín!
Na entrada do cole faremos o visionado do programa especial no que estarán presentes as linguas que se aprenden no CPI: Galego, castelán, portugués, francés e inglés. 
Esperamos que vos guste!
 Haberá unha sorpresa doce para os/as asistentes! 
Alí estaremos!


San Valentín en inglés e portugués!

Onte tivemos as últimas achegas para o programa especial da Voz da Mata de San Valentín. En inglés e portugués! Grazas. Vai quedar xenial!


venres, 7 de febreiro de 2020

Preparación do programa de San Valentín!

Na Voz da Mata seguimos falando do amor. As voluntarias da Radio de 3º ESO A gravaron uns textos de amor en galego. Escolleron tres poesías e un microrrelato coa axuda da profe Lourdes do Departamento de Galego. 
Quedou moi ben!
Grazas pola vosa colaboración!


martes, 4 de febreiro de 2020

Falamos de amor...

Hoxe, na Voz da Mata, falamos de amor. Lara en francés, Joel en castelán e Raquel en galego... Son as súas achegas para un programa especial de San Valentín que se emitirá na Semana da Radio. Canta sensibilidade ten este alumnado de 4º ESO!




luns, 18 de febreiro de 2019

UN SAN VALENTÍN MATEMÁTICO

Como xa sabedes, o pasado xoves foi San Valentín, data na que aproveitamos para estar máis agarimos@s coas persoas que queremos. No cole proxectamos na pantalla da entrada o programa de radio elaborado por alumnas de 4ºESO sobre como dicirnos "Quérote" a través da ciencia. 
Ademais, aproveitamos para facer un obradoiro no que elaboramos corazóns!
Aqui tedes as imaxes!


xoves, 14 de febreiro de 2019

Día de San Valentín

Polo día de San Valentín tres alumnas de 4ºESO, Celia, Carmen e Ana, prepararon un programa de amor, baseado no hastag #díseloConCiencia. 
O resultado é marabilloso!
Non podedes deixar de escoitar este programa tan especial. 
QUE PASEDES UN GRAN DÍA CHEO DE AMOR E CIENCIA!