O pasado mércores, a garda civil estivo na Quinta dos libros ofrecendo unha charla sobre os perigos das drogas ao alumnado de 4º ESO. Estas charlas están englobadas dentro do plan director.
Amosando publicacións coa etiqueta Charlas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Charlas b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 20 de decembro de 2018
mércores, 9 de maio de 2018
Mércores na Quinta
Continuamos cos obradoiros de sexualidade para o alumnado de 2º e 3º de ESO. No primeiro grupo trataron o tema da autoestima, da comunicación e o autocoñecemento. Na segunda quenda, cos estudantes de 3º, a educadora familiar falou da sexualidade como concepto e repasaron os principais métodos anticonceptivos.
E tamén, esta mañá, axudantas da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.
E como agradecemento, o mestre Manolo convidounas a unha merendada. Así dá gusto!
O vindeiro venres seguirán os obradoiros!
E tamén, esta mañá, axudantas da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.
E como agradecemento, o mestre Manolo convidounas a unha merendada. Así dá gusto!
"Os libros fan menos inhóspito o mundo".
Ana Muñoz de la Torre
venres, 4 de maio de 2018
Os venres... obradoiros!
Á primeira hora da mañá tivemos a visita de Sandra, a educadora familiar do Concello, que veu impartitr a primeira das sesións do obradoiro de sexualidade para o alumnado de 3º C da ESO. Trataron aspectos relacionados coas condutas de risco e a prevención de enfermidades.
Trátase dunhas xornadas organizadas polo Departamento de Orientación, que terán a súa continuidade nas vindeiras semanas, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da saúde sexual.
Durante o recreo, Celia impartiu unha nova sesión do obradoiro de manga. Aprenderon a debuxar, a partir dunha imaxe chibi de anime, a outro personaxe de manga.

E as mochilas viaxeiras saíron para realizar a súa derradeira viaxe do curso. Despois de estar todos estes meses levando a literatura e cultura ás casas dos nosos usuarios, necesitan unha "parada en boxes" para unha completa revisión e actualización dos materiais.
O vindeiro curso estarán preparadas para inciar, de novo, o seu percorrido polo Rosal.
"Antes ou despois atoparás o teu lugar no mundo. Non sufras por iso"
Laura Gallego
mércores, 4 de abril de 2018
Visita de África González
O Faro de Vigo recolleu a visita ao noso centro da inmunóloga mundialmente coñecida, África González. Na reportaxe fan mención tanto a charla-coloquio na biblioteca como a posterior entrevista radiofónica. Podedes lela no seguinte enlace.
Ensinámosvos tamén as fotos da firma no Libro de Honra.
"Sen ilusión non se pode facer nada na vida"
África González
Etiquetas:
A Voz da Mata,
Charlas,
Radio na Biblio,
Radio na Biblioteca
martes, 3 de abril de 2018
Por que debemos vacinarnos?
Comezamos o trimestre cunha charla - coloquio na biblioteca impartida pola doutora e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo , África González. Un exemplo de muller emprendedora no campo da innovación.
Esta recoñecida inmunóloga contoulle ao alumnado de 2º de ESO as investigacións nas que participa, a historia de como entrou a vacinación en Europa, o que é necesario para facer unha vacina, os grandes avances conseguidos e tamén os perigos nos que poñen á sociedade os movementos anti-vacinas.
Despois da charla, Sandra e Marcela de 2º de ESO fixéronlle unha entrevista na aula da radio. Quixo resaltar o descoñecemento que hai nos gobernos e na sociedade en xeral en relación á investigación, como os recortes nela están facendo que se hipoteque o noso futuro e non haxa progreso.
Como muller destacada no ámbito científico manifestou que é a propia muller -a pesar das condicións en contra coas que se poida atopar- a que debe poñer as súas propias barreiras, sin teitos. Que estamos no camiño de conseguilo pero é a sociedade nova, os propios alumnos e alumnas, os que deben cambiar o futuro.
Podedes escoitar a entrevista completa.
Aproveitamos para ensinarvos o agasallo da aula de Tecnoloxía para a nosa radio. Elaboraron o logo de A Voz da Mata cunha máquina láser de gravado. Moitas gracias!
"Un país sen investigación é un país sen futuro"
África González
Etiquetas:
A Voz da Mata,
Charlas,
Radio na Biblioteca
sábado, 10 de marzo de 2018
Os últimos movementos na Quinta
A vida segue...ou como diría a banda de rock británica Queen,
The show must go on.
Contámosvos os últimos pasos na biblioteca:
Recibimos a visita de Moncho, mestre do CRA María Zambrano. Contoulles dous contos ao alumnado de 3º de Primaria: Cuentos para antes de despertar, un libro para reflexionar e traballar a Igualdade; e Dona Carme, unha señora que ía acumulando animais debaixo da cama e aínda así non acordaba.
Despois fixeron "un obradoiro de fotocopias" a través dunha técnica que empregaba Moncho ao comezo da súa andadura nesta profesión.
Alumnos e alumnas de Secundaria recibiron, grazas ao Concello de O Rosal, unha charla por parte da Asociación Faraxa, a cal loita contra a trata e a explotación sexual das persoas.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asisitiron ao Auditorio Municipal de O Rosal para ver a obra teatral basada na novela "Leonardo e os fontaneiros", de María Victoria Moreno.
E as mochilas volven a levar vida, soños, ilusións, billetes de viaxe... polo Rosal, da man destes once usuarios da biblioteca.
"O neno precisa un impulso vital que o conduza ata os libros e unha asistencia que, durante certo tempo, dirixa a súa atención ata eles"
Monserrat del Amo
Etiquetas:
Charlas,
Mochilas viaxeiras,
Obradoiros,
Teatro
martes, 23 de xaneiro de 2018
O triángulo máxico das altas capacidades
Hoxe tivo lugar na biblioteca unha charla impartida pola doutora en Psicoloxía Infantil Carmen Pomar Tojo ,enfocada nas altas capacidades.
A conferencia leva por título "O triángulo máxico das altas capacidades". E preguntarédesvos por que un triángulo máxico...
Pois, ao parecer, no tema das altas capacidades repítese moito a estrutura triangular: tres variables, tres casuísticas, tres factores... E o de máxico vén un pouco por ese misterio que hai sempre en relación a este tema.
Carmen, que leva máis de dúas décadas adicada á Psicoloxía Educativa, explicounos a importancia do papel das familias e da escola para o desenvolvemento dos nenos e nenas que teñen altas capacidades e desmontounos moitos dos estereotipos estendidos na sociedade.
Queremos compartir con vós a campaña da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) para sensibilizar a sociedade.

"O punto de equilibrio está en que a persoa con altas capacidades se adapte ao mundo, e que mundo se adapte a ela"
Carmen Pomar
luns, 15 de xaneiro de 2018
Ángel Carracedo, semblanza dun científico
Non todos os días se ten a oportunidade de escoitar a un científico de proxección internacional coma Ángel Carracedo. Por iso queremos facer fincapé na importancia que para todos ten a súa visita.
Agardámosvos!
"Divulgar a ciencia é o máis bonito que hai"
Ángel Carracedo
mércores, 10 de xaneiro de 2018
Sorrisos transformadores
O Auditorio Municipal de O Rosal acolleu esta mañá a exposición fotográfica Sorrisos transformadores. Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de familias de menores Trans de Galicia (ARELAS).
Co lema "Respecta- defende- sensibiliza- iguala- vive- e deixa vivir" o proxecto pretende dar visibilidade ao colectivo trans e promover o respecto á diversidade e a normalidade das orientacións sexuais.
O alumnado de Secundaria asistiu á inauguración e participou dunha charla e coloquio coa presidenta da asociación, Cristina Palacios.

"Como se pode xulgar a unha persoa pola súa orientación sexual? Son desta maneira desde o momento que nacín, desde o momento que abrín os ollos."
Chavela Vargas
martes, 9 de xaneiro de 2018
Navega seguro
Hoxe visitounos o garda civil Manuel Martínez para ter unha charla na biblioteca co alumnado de 6º de Primaria sobre o uso de Internet.
A maioría das redes sociais piden unha idade mínima para darse de alta, aínda que somos conscientes da facilidade que teñen os nenos e nenas para acceder ás mesmas. Os menores son os máis vulnerables nas redes informáticas e de aí a importancia de que o seu uso sexa sempre controlado e supervisado polos seus proxenitores.
A suplantación da identidade, o acoso, estafas, o roubo de información... son algúns dos problemas cos que Manuel se atopa a diario en relación co universo dixital.

Unha das conclusións da conversa foi que Internet pode ser unha ferramenta moi útil pero tamén pode resultar perigosa, todo depende do uso que fagamos dela e das medidas preventivas que adoptemos.
"Non digas nas redes sociais o que non queres que sexa exposto nun anuncio panorámico coa túa cara posta nel"
Erin Bury
mércores, 8 de novembro de 2017
Conferencia na Quinta
O alumnado de 4º de ESO recibiu unha charla moi interesante na nosa biblioteca por parte de Andrea, Eva, Angelina e Moncho, integrantes do Colectivo
Carballas. Elas foron alumnas do noso CPI e Moncho foi mestre no noso colexio e
agora é mestre no CRA.
Falaron dos
estereotipos sexistas na sociedade actual, nos medios, na publicidade e como,
desde pequenos estamos influenciados pola marca neno-nena asociada ás cores,
aos xoguetes ou ao xeito de referirnos ás mulleres e aos homes.
Moitas grazas por
visitar a Quinta dos libros e por facernos ver que entre todos e todas podemos
cambiar a sociedade
"Vostede non pode esperar construír un mundo mellor sen mellorar ás persoas. Cada un de nós debe traballar para a súa propia mellora"
Marie Curie
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)