Comezamos o trimestre cunha charla - coloquio na biblioteca impartida pola doutora e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo , África González. Un exemplo de muller emprendedora no campo da innovación.
Esta recoñecida inmunóloga contoulle ao alumnado de 2º de ESO as investigacións nas que participa, a historia de como entrou a vacinación en Europa, o que é necesario para facer unha vacina, os grandes avances conseguidos e tamén os perigos nos que poñen á sociedade os movementos anti-vacinas.
Despois da charla, Sandra e Marcela de 2º de ESO fixéronlle unha entrevista na aula da radio. Quixo resaltar o descoñecemento que hai nos gobernos e na sociedade en xeral en relación á investigación, como os recortes nela están facendo que se hipoteque o noso futuro e non haxa progreso.
Como muller destacada no ámbito científico manifestou que é a propia muller -a pesar das condicións en contra coas que se poida atopar- a que debe poñer as súas propias barreiras, sin teitos. Que estamos no camiño de conseguilo pero é a sociedade nova, os propios alumnos e alumnas, os que deben cambiar o futuro.
Podedes escoitar a entrevista completa.
Aproveitamos para ensinarvos o agasallo da aula de Tecnoloxía para a nosa radio. Elaboraron o logo de A Voz da Mata cunha máquina láser de gravado. Moitas gracias!
"Un país sen investigación é un país sen futuro"
África González
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.