mércores, 10 de xaneiro de 2018

Sorrisos transformadores

O Auditorio Municipal de O Rosal acolleu esta mañá a exposición fotográfica Sorrisos transformadores. Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de familias de menores Trans de Galicia (ARELAS).

Co lema "Respecta- defende- sensibiliza- iguala- vive- e deixa vivir" o proxecto pretende dar visibilidade ao colectivo trans e promover o respecto á diversidade e a normalidade das orientacións sexuais.

O alumnado de Secundaria asistiu á inauguración e participou dunha charla e coloquio coa presidenta da asociación, Cristina Palacios.





"Como se pode xulgar a unha persoa pola súa orientación sexual? Son desta maneira desde o momento que nacín, desde o momento que abrín os ollos."
Chavela Vargas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.