venres, 12 de xaneiro de 2018
Canadá no Rosal
Esta semana, Fátima Veloso, profesora de lingua estranxeira en educación primaria, estívonos contando a súa experiencia no PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras).
Ela, xunto cun grupo de 70 profesores/as, viaxou a Ottawa, capital de Canadá onde pasou un mes coñecendo a cultura canadense e o seu sistema educativo.
Durante este tempo, viviu cunha familia e traballou nunha escola na que o 80% do alumnado era inmigrante e/ou refuxiado. "Foi unha experiencia tan intensa como gratificante".
Falounos das diferenzas que atopou no sistema educativo canadense. No seu centro traballaban coordinadamente por proxectos fomentando a aprendizaxe cooperativa. Tiñan dous recreos de 45 minutos cada un deles e as clases empezaban ás 9:00 da mañá e remataban ás 15:30. Case todo o alumnado aprendía dunha maneira completamente autónoma e tiña a súa disposición toda clase de recursos tanto materiais como humáns. Non se utilizaba ningún libro de texto para ningunha asignatura. Ademais, a diversidade que hai alí, non era unha traba (como pasa nas nosas escolas) senón unha ferramenta moi poderosa para traballar valores tan importantes como o respecto, a tolerancia e a solidaridade. Valores que sen dúbida teñen máis que adquiridos.
Por outra banda, contounos como funciona o sistema monetario, as reservas naturais, o transporte, etc.
E para finalizar, puidemos ver fotos das viaxes que fixo durante as fins de semana a Toronto, as Cataratas do Niágara , Montreal, Québec e arredores de Ottawa.
Nas próximas semanas, Elena Gómez, a profesora de Plástica da ESO, contaranos tamén a súa experiencia no PIALE.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.