venres, 12 de xaneiro de 2018

En días invernais, apostas culturais.

A exposición fotográfica Sorrisos Trans*formadores xa se atopa nos andadeiros do colexio e poderá visitarse en horario de 9.00 a 14.00 horas. Permanecerá no centro ata o vindeiro venres, 19 de xaneiro.
Trátase dunha mostra de imaxes de persoas felices que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dunha frase ou idea que as identifica.


E por outra banda, as mochilas viaxeiras comezan a rodar este novo ano para achegar os materiais da nosa biblioteca ao contexto familiar.



"Un bo libro é aquel que se abre con expectación e se pecha con proveito"
Louisa May Alcott

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.