Hoxe visitounos o garda civil Manuel Martínez para ter unha charla na biblioteca co alumnado de 6º de Primaria sobre o uso de Internet.
A maioría das redes sociais piden unha idade mínima para darse de alta, aínda que somos conscientes da facilidade que teñen os nenos e nenas para acceder ás mesmas. Os menores son os máis vulnerables nas redes informáticas e de aí a importancia de que o seu uso sexa sempre controlado e supervisado polos seus proxenitores.
A suplantación da identidade, o acoso, estafas, o roubo de información... son algúns dos problemas cos que Manuel se atopa a diario en relación co universo dixital.

Unha das conclusións da conversa foi que Internet pode ser unha ferramenta moi útil pero tamén pode resultar perigosa, todo depende do uso que fagamos dela e das medidas preventivas que adoptemos.
"Non digas nas redes sociais o que non queres que sexa exposto nun anuncio panorámico coa túa cara posta nel"
Erin Bury
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.