luns, 8 de xaneiro de 2018

Time's Up

A entrada do blog de hoxe ía estar enfocada unicamente na volta á rutina e no comezo de ano...

Mais non queremos que pase o día sen facer alusión aos Golden Globes 2018. A 75ª edición non pasará á historia pola lista de nominados nin galardoados, senón por ser unha gala chea de reivindicacións.

Case a totalidade dos asistentes, fose home ou muller, foi vestido de negro e cun distintivo co lema Time's Up -'Acabouse o tempo'. Movemento ideado por varias actrices de Hollywood en protesta contra os abusos de poder, acoso sexual e desigualdades na industria do cine e, por extensión, en calquera lugar de traballo.

Pero, sen dúbida, o gran momento da cerimonia foi o memorable e emotivo discurso de Oprah Winfrey despois de recibir un premio pola súa traxectoria profesional.


"Todas as mozas que me escoiten neste momento, saiban que un novo día está no horizonte e cando ese día chegue será gracias a moitas mulleres magníficas e homes fenomenales que loitan xuntos para garantir que chegue o momento en que ninguén máis teña que dicir "eu tamén... "
Oprah Winfrey

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.