martes, 23 de xaneiro de 2018

O triángulo máxico das altas capacidades

Hoxe tivo lugar na biblioteca unha charla impartida pola doutora en Psicoloxía Infantil Carmen Pomar Tojo ,enfocada nas altas capacidades.  

A conferencia leva por título "O triángulo máxico das altas capacidades". E preguntarédesvos por que un triángulo máxico...
Pois, ao parecer, no tema das altas capacidades repítese moito a estrutura triangular: tres variables, tres casuísticas, tres factores... E o de máxico vén un pouco por ese misterio que hai sempre en relación a este tema.

Carmen, que leva máis de dúas décadas adicada á Psicoloxía Educativa, explicounos a importancia do papel das familias e da escola para o desenvolvemento dos nenos e nenas que teñen altas capacidades e desmontounos moitos dos estereotipos estendidos na sociedade.



Queremos compartir con vós a campaña da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) para sensibilizar a sociedade.

"O punto de equilibrio está en que a persoa con altas capacidades se adapte ao mundo, e que mundo se adapte a ela"
Carmen Pomar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.