luns, 22 de xaneiro de 2018

Radio na biblio

O noso centro foi un dos vinte seleccionados para integrarse durante este curso no proxecto "Radio na biblio". Unha iniciativa destinada a introducir un laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar en centros que forman parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares. O obxectivo é ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral e a alfabetización múltiple.

Hoxe tivemos formación para o profesorado, impartida por Javier Prado Espiñeira. A primeira parte consistiu nunha charla sobre o funcionamento da radio e as posibilidades como ferramenta didáctica.



E segunda metade foi máis práctica:
Coa axuda de Javier, montamos o equipo de radio.



Despois formamos equipos para realizar a nosa primeira proba de programa. E foi cando nos demos conta, que iso de ser locutor ou locutora non é tarefa doada...



"Para ser locutora de radio, tenche que gustar a xente, as historias que contan e saber escoitar"
Julia Otero

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.