mércores, 24 de xaneiro de 2018

Mortadelo e Filemón cumpren 60 anos

Cumpríronse 60 anos da primeira aparición dos axentes secretos da T.I.A., Mortadelo e Filemón. Os personaxes máis coñecidos da espionaxe nacional, creados por Francisco Ibáñez, seguen en activo seis décadas despois.

No centro quixemos render a nosa pequena homenaxe cunha incrible exposición prestada por Carlos Otero, profesor de Secundaria; e Lovina, mestra de Primaria.  
Colección de Carlos Otero


 Seguen tendo éxito estas historietas de humor disparatado? Os máis novos opinan:


Izan e Carlos de 4ºB de Primaria mais Martín e Aarón de 1º ESO B


"Mortadelo e Filemón cumpren 60 anos cheos de "achaques" pero seguen loitando contra o crime e continuarán facéndoo ata que cheguen aos 100"
Francisco Ibáñez

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.