xoves, 25 de xaneiro de 2018

Cociña saudable na biblioteca

A transmisión de hábitos de vida saudable adquire especial importancia durante a infancia. E isto sábeo ben Aurora Verde Fernández, estudante de Enfermería da Universidade de Vigo , que programou para os máis novos do centro unha serie de actividades en relación coa alimentación equilibrada.

Despois de descubrir e coñecer, coa axuda de Aurora, como alimentarse para estar sans e fortes, os nenos e nenas de 1º de Primaria finalizaron o obradoiro elaborando unha merenda moi saudable no laboratorio.





Grazas pola visita, Aurora. Aprenderon moito dunha forma divertida!
"Somos o que comemos, pero o que comemos pódenos axudar a ser moito máis do que somos"
Alice May Brock

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.