venres, 26 de xaneiro de 2018

Venres na Quinta

Esta mañá Celia, de 3º de ESO, impartiu un obradoiro de manga (historietas de orixe xaponés) na biblioteca.
 E unha semana máis, as mochilas viaxeiras saen da Quinta dos Libros para achegar o noso material á toda a familia. Atrás quedou a idea de biblioteca como espazo pechado, hoxe en día son as bibliotecas as que saen na busca do público lector. 


"Se fose un libro, gustaríame ser un libro de biblioteca. Así levaríanme á casa moitos e moitas nenos e nenas."
Cornelia Funke 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.