O alumnado de 4º de ESO recibiu unha charla moi interesante na nosa biblioteca por parte de Andrea, Eva, Angelina e Moncho, integrantes do Colectivo
Carballas. Elas foron alumnas do noso CPI e Moncho foi mestre no noso colexio e
agora é mestre no CRA.
Falaron dos
estereotipos sexistas na sociedade actual, nos medios, na publicidade e como,
desde pequenos estamos influenciados pola marca neno-nena asociada ás cores,
aos xoguetes ou ao xeito de referirnos ás mulleres e aos homes.
Moitas grazas por
visitar a Quinta dos libros e por facernos ver que entre todos e todas podemos
cambiar a sociedade
"Vostede non pode esperar construír un mundo mellor sen mellorar ás persoas. Cada un de nós debe traballar para a súa propia mellora"
Marie Curie
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.