A vida segue...ou como diría a banda de rock británica Queen,
The show must go on.
Contámosvos os últimos pasos na biblioteca:
Recibimos a visita de Moncho, mestre do CRA María Zambrano. Contoulles dous contos ao alumnado de 3º de Primaria: Cuentos para antes de despertar, un libro para reflexionar e traballar a Igualdade; e Dona Carme, unha señora que ía acumulando animais debaixo da cama e aínda así non acordaba.
Despois fixeron "un obradoiro de fotocopias" a través dunha técnica que empregaba Moncho ao comezo da súa andadura nesta profesión.
Alumnos e alumnas de Secundaria recibiron, grazas ao Concello de O Rosal, unha charla por parte da Asociación Faraxa, a cal loita contra a trata e a explotación sexual das persoas.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asisitiron ao Auditorio Municipal de O Rosal para ver a obra teatral basada na novela "Leonardo e os fontaneiros", de María Victoria Moreno.
E as mochilas volven a levar vida, soños, ilusións, billetes de viaxe... polo Rosal, da man destes once usuarios da biblioteca.
"O neno precisa un impulso vital que o conduza ata os libros e unha asistencia que, durante certo tempo, dirixa a súa atención ata eles"
Monserrat del Amo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.