venres, 9 de marzo de 2018

Querido Juan,

Nunca é doado dicir adeus, pero si se trata de despedir a unha persoa irremplazable coma ti, a pérdida sumérxenos nunha profunda dor.

A palabra conserxe quedábache curta, moi curta. Eras moito máis ca iso, UN PIAR do noso colexio. Eras desas persoas que non facía falta pedirche axuda porque sempre estabas no lugar onde te precisabamos, botando unha man, solventando calquera problema que xurdira e, en difinitiva, facendo o noso día a día máis fácil.

Aínda non cremos que non te vaiamos ver máis polos corredores que tantas veces recorreches, polos espazos da biblioteca e do centro co teu "bo día", "xa o fago eu", coa túa amabilidade, disposición, eficacia, xenerosidade, coa túa complicidade cos nenos e nenas... COA TÚA PRESENZA.

A familia que forma esta biblioteca estará ETERNAMENTE AGRADECIDA polo teu compromiso. A túa entrega e dedicación quedará sempre no noso recordo. 


Boa viaxe compañeiro. Ata sempre! 
A Quinta dos Libros

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.