martes, 6 de marzo de 2018

Había unha vez unha biblioteca...

Este é o terceiro martes que os nenos e nenas de 3º, repartidos en dúas quendas, reciben unha clase de matemáticas a través da danza (MatDance). Na sesión de hoxe xogaron coa xeometría, co concepto de doble e metade e deron os seus primeiros pasos na Danza do Rogle.





Unha parte do voluntariado, concretamente Goya, María, Elisa, Dafne, Lucía, Pablo R. e Paula de 5º B, así como Mauro, Ángel e Lucas de 6º foron ás escolas de Marzán e Tabagón (CRA María Zambrano) escenificar o conto A que sabe a lúa,  con monicreques.




De novo Ángela, Lea e Marcos impartiron unha clase de programación a través de Scratch S4A  ao alumnado de 5ºB na biblioteca.


E tamén, todos os participantes do concurso de radio recibiron uns agasallos en agradecemento por presentar as súas propostas.


As gañadoras da categoría do nome recibiron ademais un conto cada unha, e os gañadores do logo uns cascos para escoitar moi ben os programas de A Voz da Mata ;)


... e colorín colorado, por hoxe queda todo contado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.