mércores, 9 de maio de 2018

Mércores na Quinta

Continuamos cos obradoiros de sexualidade para o alumnado de 2º e 3º de ESO. No primeiro grupo trataron o tema da autoestima, da comunicación e o autocoñecemento. Na segunda quenda, cos estudantes de 3º, a educadora familiar falou da sexualidade como concepto e repasaron os principais métodos anticonceptivos.
O vindeiro venres seguirán os obradoiros!



E tamén, esta mañá, axudantas da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.
E como agradecemento, o mestre Manolo convidounas a unha merendada. Así dá gusto!




"Os libros fan menos inhóspito o mundo".
Ana Muñoz de la Torre

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.