Seguindo nesta liña, participamos no programa "Donas de si", dentro do Plan Proxecta. Unha iniciativa da Consellería que ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación das mulleres no desenvolvemento da sociedade galega. De xeito que se recoñeza o seu papel político, social, científico e cultural.
Por este motivo, contamos cunha exposición fotográfica ,en préstamo, coas imaxes das mulleres galardoadas co premio que leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente no ámbito das ciencias.
Con esta exposición preténdese visualizar e facer chegar á sociedade, as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e a tecnoloxía. Mulleres que adican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía
Exposición situada nos corredores de Secundaria. |
"A investigación é o futuro. É difícil que os estudantes vexan atractiva a opción científica xa que o número de prazas é moi limitado. Precisamos máis apoio".
María Soledad Soengas. (Premio María Wonenburger)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.