Parte do alumnado de 1º da ESO realizou un pequeno obradoiro na Voz da Mata.
No marco da materia de lingua castelá prepararon unhas entrevistas a persoas da contorna. Esta sesión estivo centrada na preparación e experimentación.
As entrevistas realizaranse nas vindeiras semanas.
Foi moi divertido!
E esta mañá continuamos co obradoiro de sexualidade. Aínda que hoxe en día os adolescentes contan con toda a información ao seu alcance, é necesaria unha formación e educación neste ámbito.
A sesión de hoxe foi máis práctica e consistiu na colocación dun preservativo.
"Cando me deron o carné da biblioteca, comezou a miña vida”.
Rita Mae Brown
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.