Trátase dunhas xornadas organizadas polo Departamento de Orientación, que terán a súa continuidade nas vindeiras semanas, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da saúde sexual.
Durante o recreo, Celia impartiu unha nova sesión do obradoiro de manga. Aprenderon a debuxar, a partir dunha imaxe chibi de anime, a outro personaxe de manga.
E as mochilas viaxeiras saíron para realizar a súa derradeira viaxe do curso. Despois de estar todos estes meses levando a literatura e cultura ás casas dos nosos usuarios, necesitan unha "parada en boxes" para unha completa revisión e actualización dos materiais.
O vindeiro curso estarán preparadas para inciar, de novo, o seu percorrido polo Rosal.
"Antes ou despois atoparás o teu lugar no mundo. Non sufras por iso"
Laura Gallego
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.