Hoxe tivemos un día moi especial!
Comezamos a mañá co visionado da montaxe que fixeron María (Música) e Sofía (EF) co seu alumnado de 6º EP.
Partindo da canción "Lo que es nuestro" de Lucía Gil e Natalia Gil, utilizando a aula croma, traballaron a expresión corporal e o canto para expresar sentimentos e emocións!
Parabéns por este marabilloso traballo!
O alumnado e o profesorado do CPI traballaron cos sinais de tráfico que nos mandaron dende o Concello do Rosal.
Ata os máis pequerrechiños-as do cole teñen claro que reivindicamos hoxe! Igualdade!
Paraugas, sinais...símbolos que berran "igualdade e respecto".
Na foto temos ao alumnado de 4º B EP!
No vídeo vemos o marabilloso traballo colaborativo entre o alumnado de Relixión e Valores éticos de 4º e 5º EP.
E, para rematar, dende Biblioteca Creativa, tivemos a proposta de decorar uns paraugas brancos nas aulas para facer con todos eles o símbolo do feminismo no noso patio.
Aquí tedes o resultado!
Bo Día da Muller!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.