xoves, 28 de abril de 2022

Amelia Tinagus!

 Hoxe tivemos o pracer de recibir no CPI a Amelia Tiganus, unha muller extraordinaria que nos falou da prostitución, da violencia contra as mulleres, das violacións, da pornografía...Temas nos que ela é experta. 

Feminista, escritora, formadora, divulgadora e defensora do abolicionismo da prostitución e da pornografía, compartiu a xornada de hoxe co alumnado de 3º ESO.

Unha gran experiencia para todas e todos!

Tamén visitou a Voz da Mata. Se queredes escoitar a entrevista que lle fixeron Vega e Danae, premede AQUÍ.


Foi un pracer contar con ela na nosa Quinta!

Tamén coñeceu o noso grupo VÍA!

Grazas a Yolanda do CIM e Sandra (Educadora Familiar do Concello do Rosal) por facelo posible!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.