venres, 4 de marzo de 2022

Visita Sabela Fernández Trelles!

 Hoxe tivemos o pracer de ter, na Quinta dos libros, a unha escritora marabillosa que se chama Sabela Fernández Trelles.


No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta xornada! 


Estivo facendo un obradoiro co alumnado de 1º e 2º EP no que, partindo do seu libro "Que queres ser de maior, pequena?" inventaron unha chea de palabras novas e coñeceron máis cousiñas deste fantástico libro da autora. Foi moi divertido!

Sabela tamén participou nunha entrevista na Voz da Mata. Xavi e Yanira, de 2º EP, foron os resporteiros. Se queredes escoitala premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un anaquiño do paso de Sabela pola nosa radio!

Moitas grazas a Sabela por unha xornada inesquecible e ao alumnado e profes de 1º e 2º pola súa participación e colaboración!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.