mércores, 2 de marzo de 2011

Medran os lectores

Despois de máis dun ano de barbeito estamos orgullosos de facer pública a nosa colleita.
Os andeis cobraron vida cos libros, cos cómics, cos álbunes ilustrados, coas películas... e con todas as actividades que animan os lectores a non pasar un día sen visitarnos.
Hoxe con moita ilusión damos a coñecer o noso blog, punto de encontro no que imos compartir as opinións, aventuras, descubrimentos, segredos... que se agochan nas nosas lecturas.

Sabemos que algúns xa o estaban esperando, mais que cres que podemos desvelar?
Anímaste a descubrilo?




30 comentarios:

  1. Alumnos de 6ºC02 marzo, 2011

    Ola Somos os alumnos de 6ºC. Temos a culpable do mtítulo na nosa clase: Nuria Crego. E estamos moi orgullosos.
    O vídeo é moi bonito, pero Damián di que case se durme coa música.
    Contades con nós coma seguidores!
    See you soon!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa Nuria!
    Tes que pasar pola biblioteca, tes un agasallo agardando por ti!

    ResponderEliminar
  3. Jorge Piedra Dorado02 marzo, 2011

    Hola espero que este blog merezca la pena.

    ResponderEliminar
  4. Fernán Rodríguez Alfonso02 marzo, 2011

    Ola,espero que siga adiante.

    ResponderEliminar
  5. Uaaa!! Menudo vídeo de presentación: que voz!que música!, impresionante montaxe!!!Menudos artistazos temos na Mata.
    ISTO PROMETE!!, pero vai depender de tod@s n@s.
    Ánimo e a colaborar.

    ResponderEliminar
  6. Miguel Abraira02 marzo, 2011

    Que marabilla!
    Encántame todo o traballo: o nome, o deseño, as palabras, o vídeo...
    Agora que tendes unha biblioteca "de libro" (nunca mellor dito), alégrome de que por fin teña un espazo á altura para darse a coñecer.
    Así que só podo dicir dúas palabras: Noraboa, e aleluia!
    Ánimo!

    ResponderEliminar
  7. ¡Excelente presentación para unha excelente biblioteca! ¡Fermosísimas fotografías, texto, música, voz, montaxe e BIBLIOTECA!
    ¡Norqboa!
    Consuelo Rivera

    ResponderEliminar
  8. Beatriz Núñez02 marzo, 2011

    Parabéns!
    Gústame moito a presentación. Nótase todo o traballo que estades a facer.Moito ánimo.

    ResponderEliminar
  9. Asun Carballo02 marzo, 2011

    Estamos moi contentos de poder amosar a nosa biblioteca neste pequeno espazo da rede.
    Grazas!

    ResponderEliminar
  10. Parabéns dende Madrid polo blog!
    E xa que vai de libros a cousa... Porqué non facer unha pequena proba? Imos ver quén adiviña antes de quén é o seguinte poema, se profes ou alumnos:

    "Ela vestía os traxes curtos da primavera.
    Andaba con paso de ribeira ou torso xacente
    deixando caír os brazos todo ao longo das súas mans máis imprevistas
    Alumna desprendida do ar
    A mañán levaba a súa cor igoal que os vidros a levan a ela.
    Ela seguía andando a namorar."

    Pódense pedir pistas, pero só a través do blog!
    Sorte!

    ResponderEliminar
  11. Bos dias!! espero q isto siga adiante moitos anos

    ResponderEliminar
  12. Desde os altos e fríos cumes da parte Norte dos Ancares un saúdo.

    Unha gran biblioteca si señor. Algo do que sentirse lexitimamente orgulloso. Moi ben feito.

    Unha aperta:
    Javier González Fdez. Profe de Sociais.

    ResponderEliminar
  13. alex de 3ºa03 marzo, 2011

    ola que ben feito esta este blog

    ResponderEliminar
  14. Benvidos a este mundo dos blogs de bibliotecas!

    ResponderEliminar
  15. Parabéns polo traballo! Seguro que este novo blog será unha magnífica ferramenta coma xa o é O librako.
    Unha aperta desde Catoira

    ResponderEliminar
  16. Moitas grazas a todos os compañeiros que xa levades anos traballando neste magnífico mundo das bibliotecas escolares.
    Un saúdo.

    Os profesores do grupo da biblioteca do Rosal.

    ResponderEliminar
  17. Que biblioteca tan chula! Fixestes unha presentación preciosa, e a música... perfecta! Parabéns!

    ResponderEliminar
  18. Parabéns por esa fermosa Biblioteca. Un agarimoso saúdo desde o cole de Andrade/Pontedeume.

    http://biblioandrade.blogspot.com

    ResponderEliminar
  19. Ainhoa Álvarez04 marzo, 2011

    Parabéns!!! :P

    ResponderEliminar
  20. Que emoción! Síntome afortunada por poder participar con todos vós na celebración deste especial "nacemento". Grazas e noraboa aos que invertiron tempo e esforzo para facelo posible e un saúdo para os que entraron xa na quinta.
    Ata temos poesía! Yago, eu empezo a investigar...
    Longa vida ao noso blog!

    ResponderEliminar
  21. Hai algo máis dun mes tiven o pracer de coñecer a vosa fantástica Biblioteca: un lugar realmente privilexiado. Agora quédalle dar vida, e vexo que empezades forte e con moitas ganas. Parabéns, e... que non decaiga.
    Unha aperta.
    Mónica

    ResponderEliminar
  22. Asun Carballo05 marzo, 2011

    É un pracer compartir con vós esta aventura.
    Estou emocionada con este novo nacemento.

    Grazas a todos os que nos visitades polas vosas fecilitacións e as palabras de ánimo. Un saúdo a todos os profesores que estiveron no centro e aos que estades traballando nas bibliotecas escolares. E grazas a Yago polo seu comentario e a súa aprotación ao blog.

    A quinta dos libros xa se coñece fora das nosas fronteiras!

    ResponderEliminar
  23. Xa sei a resposta do poema Iago.!!! E un poema de Alvaro Cunqueiro,poemas do si e non,1931.
    Eu son un alumno!!

    ResponderEliminar
  24. hola .gustame esta paxina.
    emoi boa............
    demasiado

    ResponderEliminar
  25. Moi ben, Paulo! Acertaches co autor do poema!
    Agora só tes que reclamarlle o teu premio ao grupo de traballo da biblioteca. (Está ben isto de poñer probas e e cargar co morto do premio a outros, je, je...)
    Alumnos: 1 - Profesores: 0

    ResponderEliminar
  26. ADRI S. 6ºA11 marzo, 2011

    Gústame moito esta páxina,creo que esta moi ben preparada.

    PARABÉNS NURIA.

    ResponderEliminar
  27. Este blog esta moi ben feito.

    ResponderEliminar
  28. Noraboa, Paulo! Canto me alegra que resolveras o enigma e con que rapidez! Eu aínda o tiña en tarefas pendentes... Como ves, aceptamos a túa victoria con deportividade. O que non sei e se debemos deixar que Yago se vaia de rositas...
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  29. Ola! Son Pedro de sexto B. O vídeo, a web e maila
    biblioteca encántanme. E felicidades tamén a Nuria. Pregúntome cal foi a súa recompensa...

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.