Hoxe é un día importante para a palabra poética. Todo o mundo ríndelle homenaxe e nós non queriamos ser menos. Dende o ano 2000 festéxase este día co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.
Escoita o poema "Tú por mí" do poeta Gabriel Celaya; o día 18 cumpríronse cen anos do seu nacemento. Está musicado por Vicente Monera e o vídeo está feito a partir dos cadros de Edward Hopper. Goza este pequeno tesouro!
EstÁ ben recordar este día,non vén mal algo de cultura sobre a poesía.
ResponderEliminarO poema de Gabriel Celaya está ben escollido.