mércores, 23 de marzo de 2011

Hora de ler!

Sempre é tempo de ler, non cres?
No noso centro, durante esta semana, dispoñer dun momento para a lectura está asegurado. Todos os grupos tedes reservada unha hora na biblioteca para disfrutar do placer da lectura, neste caso silenciosa ... pero en compañía.

Non vos parece un bo plan?
Podedes traer o libro que últimamente vos acompaña ou vir dispostos a atopar ese outro que leva tempo agardándovos. Ti elixes!

6 comentarios:

  1. pois ainda non está mal esa hora de ler... ainda pasas o tempo e les o libros que ti queiras jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Paréceme un bo plan porque así empezamos a coller ritmo de lectura e seranos máis fácil ler os libros obrigatorios que nos mandan as profesoras de literatura.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns ao grupo de 2ºB por esa gran hora de ler!
    Teño que recoñecer que levei unha grata sorpresa.

    ResponderEliminar
  4. Estivo ben,porque así a xente foi collendo o libro que lle gustaba e leuno e así cambiamos as formas de dar as clases e divertímonos máis.

    ResponderEliminar
  5. É un pracer ver como a xente disfruta ca lectura, como se paraliza o tempo cando temos un libro entre as mans.
    Parabéns a todos os que compartiron con nós esta hora!
    Grazas pola vosa participación!

    ResponderEliminar
  6. Si, é certo, a distinta forma de dar clase como ir á biblioteca a ler un libro ou xornais é mellor que estar sempre metidos na mesma clase.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.