Hoxe era o gran día. Comezamos a nosa viaxe ás nove da mañá. Os máis pequenos do colexio foron os primeiros en embarcarse nesta aventura literaria. Durante máis de catro horas compartimos a historia de Ulises e navegamos con el de regreso a súa patria. Paralizamos a vida do centro e viaxamos moi lonxe coa lectura. Mais esta aventura foi posible grazas a vós, os verdadeiros protagonistas deste día.
Grazas!
Que sorriso tan grande lle queda a un despois de vervos lendo, entre todos, nada menos que a "Odisea".
ResponderEliminarSabedes? Tendes moita sorte! Non é habitual saír do colexio tendo lido a Homero, Kafka, Stoker ou Poe... A maioría das veces, é a vida, e non o cole, o que che vai descubrindo a estes autores que, sen ser novidade, seguen vendendo máis cá calquera libro do momento. Sen dúbida, sodes uns afortunados.
Parabéns pola presentación, pola ilusión, e polo voso esforzo.
Noraboa a todos os que fixeron posible esta aventura e, en especial,aos que traballaron para que poidamos revivila nesta páxina (preciosa montaxe). Parece mentira que se poida viaxar tanto e tan lonxe sen saír dese pequeno recuncho azulado e en naves de cartón.
ResponderEliminar