mércores, 25 de maio de 2011

A "grúa-manía" está a invadir o noso centro

Unha antiga lenda xaponesa di que a persoa que dobra mil grúas de papel, conseguirá que un desexo se faga realidade.  Iso foi o que intentou Sadako, a protagonista da historia que leron os nosos compañeiros do Club de lectura de 1º e 2º da ESO. Eles quixeron facerlle a súa pequena homenaxe , e despois dunha semana dobrando grúas a súa iniciativa contaxiou a todo o centro.





Hoxe os alumnos de 4º da ESO aprenderon aos de primaria. Os pequenos do cole quedaron encatados coas súas obras de arte, e os maiores orgullosos das súas clases. Non só compartiron o seu saber, senón tamén o seu tempo... E o máis importante: a compliciade e a admiración polos seus compañeiros maiores. Grazas a todos!


Aínda non sabes facer unha grúa?
A que esperas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.