luns, 9 de maio de 2011

Regreso a Ítaca

Ítaca regalouche unha fermosa viaxe.
Sen ela non terías iniciado o camiño.
Mais ningunha outra cousa che pode dar.
K. Kavafis

Lectura continuada de A Odisea polos alumnos e profesores de CPI do Rosal, para celebrar o día do libro.
Despois dunha longa espera, por fin chegou!

1 comentario:

  1. É verdade. Ítaca regalounos unha fermosa viaxe e alguén nos regala agora a posibilidade de rememorala.
    Creo que somos moi afortunados: os versos de Kavafis de entrada, esa delicada peza musical, esa cadea humana sobre fondo azul enlazando palabras dunha mesma historia, o son desas palabras en "versión orixinal", o esforzo de alguén para que iso perdure...
    Grazas

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.