sábado, 25 de xuño de 2011

Xogamos á oca

Por fin os nosos compañeiros de 4º da ESO déronnos a coñecer a oca xigante que construíron coa profesora de plástica. O xoves todos puidemos xogar con eles. Foi unha boa maneira de acabar este curso e de clausurar as actividades que se fixeron na biblioteca. Grazas a Elena e aos alumnos de cuarto por facernos este agasallo.




Rematou o curso e a nosa quinta  pecha as súas portas ata setembro. Levamos para vacacións as nosas lecturas que nos permitirán viaxar por outros mundos e outras épocas. Bo verán e boas lecuras!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.