Neste curso as mochilas non veñen soas. Chegaron cunhas rodiñas incorporadas para que as poidades transportar con maior comodidade. Que ben!! Así seravos máis doado levalas En realidade, isto é só para os de primaria, porque os nenos e nenas do segundo andar, xa facedes exercicio subindo e baixando escaleiras e non precisades axuda, non si??
A primeira quenda sairá mañá, venres, 21 de outubro e os afortunados van ser seis nenos de 1º curso de primaria debido a que como é o primeiro ano que están aquí ímoslles dar preferencia. Xa vos iremos informando de como segue o reparto. Ata a próxima.
Correde, correde polas mochilas, que se van!!
Espero que me toquen libros interesantes :)
ResponderEliminarPois seguro que tes sorte. Non só che van tocar libros interesantes, tamén pelis, música.... e unha pilla de cousas máis!!!!!!
ResponderEliminar