luns, 21 de novembro de 2011

Unha muller nun mundo de homes

Levamos dous meses investigando sobre as mulleres científicas. E xa comezamos a ver os primeiros resultados. Os alumnos de 4º ESO plasmaron o seu traballo en carteis publicitarios que elaboraron con Elena, profesora de plástica, e ofrécennos a posibilidade de coñecer de cerca algunhas destas mulleres. 


 Hoxe Fany presentou aos seus compañeiros de 1º e 2º ESO a Carmen Porto.



Unha muller que soubo triunfar nun mundo de homes: foi a primeira muller radioterapeuta de España, a primeira que formou parte do claustro de medicina e a primeira ao frente dun sevizo do Sergas.




Falounos dos seus estudos, do seu traballo, da súa vida... Das súas palabras desprendíase a súa pasión polo seu traballo, o seu entusiasmo na loita contra o cancro e a súa dedicación aos seus pacientes. 
Grazas Carmen por compartir con nós a túa experiencia!

2 comentarios:

  1. Ainhoa Álvarez22 novembro, 2011

    A min gústaronme as súas anécdotas :)

    ResponderEliminar
  2. Foi un pracer poder escoitala.
    Grazas Carmen!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.