mércores, 21 de decembro de 2011

Porque... a Quinta ten un segredo

Foi unha mañá máxica. A nosa biblioteca converteuse nun taller de corazóns. Dende os máis pequenos ata os máis maiores baixaron para escoitar a historia de Matías ou para contarlla aos seus compañeiros. Todos íamos a dar e recibir. Houbo intercambio de agasallos, de sorrisos, de miradas, de complicidade… 




Ninguén sabe que cando Beatriz recompuxo o corazón de Matías quedou cun anaquiño que deixou para nós na nosa quinta.
Grazas por contribuír a que fora un día especial!

2 comentarios:

  1. Gustoume moito o taller de corazóns, foi moi divertido...nunca estiven nunha cousa asi.Os nenos e nenas de 1º de Primaria quedamos impresionados. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén me sinto así, Eva: impresionada e emocionada, e tampouco estivera antes nunha cousa así (bueno, algunha outra xa vivimos nese rincón máxico...).
    Por iso ademais estou moi agradecida a todos os que fan posible que poidamos vivir momentos como estes, que enchen un pouco máis os nosos corazóns para que Matías non teña tanto traballo.
    Eu tamén digo grazas.
    Sonia

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.